lunes, 28 de noviembre de 2011

RELACIÓN de premiados no concurso:


Mellor narración (Secundaria):Fátima Iglesias Pérez
Mellor narración (Primaria): Lorena Boimorto Blanco
Mellor poesía (Primaria): Kevin Viéitez Martínez
Mellor Manualidade: 1º curso de Primaria (caras arcimboldianas)
Mellor traballo de investigación: 4º de Primaria(Recetario)
Mellor Debuxo: Infantil 5 anos A (Halloween)

viernes, 4 de noviembre de 2011

NARRACIÓNS PRESENTADAS PARA "OUTONANDO"

Era Halloween e os rapaces debuxaron nunha cartolina xigantesca a sombra de alguén agochado tras uns arbustos. Colocarán as cousas antes de timbrar na porta e despois correrán á velocidade da luz…agardarán dous segundos e despois Jean manexará
o morcego de maneira que sobrevoe por enriba da cartolina. Xusto despois escoitarase o CD do moucho e os lobos…
Ha de ser unha escena espantosa”

CLAUDIA ESCAPA ÁLVAREZ (2ºESO)

“ Era unha noite arrepiante: mouchos e bruxas rondaban o pobo. Todo o mundo estaba gardado na súa casa a porta pechada. Era Samaín, pero Pablo decidiu, tras moito cavilar, asomar o seu fuciño e …zas!
Alguén arrincou con el sen mediar palabra. Sen saber moi ben como atopouse só e a escuras rodeado dun valado inmenso. Tentou rubir. Misión imposible. Fallábanlle as forzas… De repente escoitou:
-Ai, Pabliño, Pabliño. Ti non eras o que non tiña medo a nada?
……Era a Santa Compaña, que andaba a visitar aos máis valentes”

ELENA VALCÁRCEL CAO(2ºESO)

“Despois oíu un ruído no soto da casa e baixou. Outra vez puido ver aquela sombra. Quedouse plantada no chan e escoitou de novo aqueles pasos. A música seguía posta…Comezou a berrar e subiu correndo á súa habitación, pechou a porta e meteuse debaixo da cama. Alguén comezou a petar, pero ela non abriu. Pouco despois no chan atopou unha nota que dicía: VOLVEREI”

FÁTIMA IGLESIAS PÉREZ(3ºESO)

“…Acocheime nunha esquina do sofá e quedei durmida. Unha hora máis tarde espertei…Tivera un pesadelo. Erguínme e quedei paralizada de asombro: todas as luces da casa estaban apagadas… e o televisor… tamén se apagara só!
Dei a volta,crendo que había alguén detrás de min.Nada. A estancia estaba escura coma a boca dun lobo. De súpeto puiden ver unha sombra iluminada polas farolas da rúa . Afoguei un berro e camiñei con cautela, ao mesmo tempo que preguntei cun fiiño de voz:
- Hai alguén aí?
JANET MONTEIRO ROCHA (3ºESO)

“…De repente escoitei pasos escaleiras arriba que se achegaban cada vez mais…, cada vez máis. Quedábanlle cinco, catro tres… chanzos para chegar á porta. Oín como entraba na habitación de meus pais e percibín por debaixo da miña porta, coa luz prendida, como aquela sombra se movía lentamente. Déronme ganas de tusir e, ao facelo, escoitei pasos rápidos e nerviosos avanzando escaleiras abaixo…
Non sei que pasou despois. Só me lembro de espertar confuso, cavilando se o que pasara aquela noite puidese ser certo ou produto da miña imaxinación”


LAURA MOSQUERA(2º ESO)

“..As pernas comezaron a tremerme e non sabía que facer. Eu non sei se era produto da miña imaxinación ou por causa da chuvia, pero aquel regato levaba auga demais. Sentín unhas mans nas costas e, ao querer xirarme, empurrábanme cara o regato. Empecei a tragar auga, quería saír… Non podía!!
Só puiden decatarme de que era alguén a quen lle falataba o dedo índice dunha man. Dende entón ándoa buscando e non penso deixar de facelo ata atopala.”

Mª JOSÉ PÉREZ SAS (3ºESO)

martes, 11 de octubre de 2011







CONVOCATORIA DO CONCURSO“OUTONANDO”

¿Queres participar?

Podes presentar poemas, refráns, debuxos, manualidades, lendas ou relatos que teñan como tema o Outono, os seus productos ou as súas festas (Samaín, Magostos...)

Remata o prazo o día 20 de Novembro.

¡Os mellores serán premiados!

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Un curso máis a comezar e novos ánimos para continuar nesta nosa tarefa.
A nova tempada comeza con recortes de todo tipo, pero tentaremos estar á altura. É moi importante manter a cabeza ergueita pola defensa da nosa lingua. ÁNIMO

miércoles, 22 de junio de 2011

Axenda cultural fin de curso






O concello prestounos o auditorio de Cambeo para as representacións teatrais. Fumos en dúas quendas, primeiro o 2º e 3º ciclo de Primaria e hora e media máis tarde Secundaria. O estreno foi todo un exitazo.

jueves, 16 de junio de 2011





Día 15 de xuño, visitou o centro MANOLO FIGUEIRAS, ilustrador.

QUEN É?

-Naceu en México, de pai catalán e nai galega. Cando tiña cinco aniños volta a vivir a aldea de Cambeo, onde pasa a maior parte da súa nenez.
-Estudou en Madrid na Escola de Artes Aplicadas e, Historia da Arte, en Compostela. Agora é profesor de instituto,
- Como artista, a súa actividade fundamental é a pintura, aínda que tamén se adicou á escultura, escenografía e ilustración.
- Fixo exposicións en Ourense, Pontevedra, Madrid...


Que ben, saber que alguén de aquí segue a estela da creatividade.!!
Quen sabe?...Se cadra algún de vós tamén ten un artista dentro e quizais un día nos veña visitar



Ás 13 horas Secundaria
Ás 10:30 Primaria
Lugar: aula de Plástica

jueves, 9 de junio de 2011

Dende o luns 6 de xuño está a venda a nosa revista na secretaría do colexio. Este ano houbo moita participación e quedaron aínda traballos sen publicar a última hora pola necesidade de axustarnos ao pre suposto. Estará ampliada na publicada na páxina web do centro.


O FURAFOLLAS


É o Furafollas
unha revista singular
onde podes atopar
historias sen igual

Terás unha portada
cun lema sen par,
seguirás con pasatempos,
debuxos e poemas a rabiar,


chistes divertidos
que nunca esquecerás,
complexos xeroglíficos
que terás que averiguar.


Sara, María e Rocío
este poema fixeron,
dálle a cada unha un euriño
para que vexan que na revista llo puxeron.
SARA, MARÍA e ROCÍO. ( 6º PRIMARIA)

jueves, 2 de junio de 2011

LOIS PEREIRO






Na entrada ás clases hai dous grandes carteis adicados aos poemas de Lois para que todo o mundo teña a oportunidade de ler a súa magnífica poesía.
A Compañía de Títeres "A xanela do maxín" estivo representando a súa obra "Contos dende a xanela" o día 30 de Maio.

martes, 31 de mayo de 2011

AXENDA CULTURAL “ FIN DE CURSO 2011”


Semana do 30 de maio ao 3 de xuño

Teatro de títeres “A xanela do Maxín”

(Infantil e 1º ciclo de Primaria)

Semana do 6 ao 10 de xuño

Edición e venta da revista “Furafollas 2011”


Semana do 13 ao 17 de xuño

Día 15 conferencia do escritor e debuxante Manolo Figueiras (artista de Cambeo)

( Secundaria, 2º e 3º ciclo de Primaria).

Semana do 20 ao 23 de xuño

Representacións teatrais de “Mulleres Científicas” e A bifidada” polo alumnado de ESO

(Secundaria, Primaria)

jueves, 19 de mayo de 2011










CORRELINGUA 2011

Este curso, como nos anteriores, participamos nesta gran festa da Lingua Galega: fixemos pancartas, lemas e a novedade do Galeoke.

viernes, 13 de mayo de 2011







ALUMNOS DO COLEXIO PREMIADOS







Dous alumnos foron premiados estes días por diferentes motivos. Raúl Iglesias foi o campión galego de Orientación Deportiva escolar. Agora vén de participar no campionato nacional en Mérida.
E a outra premiada foi Andrea Pérez que mentras estaba convaleciente na Residencia Sanitaria participou no concurso "As mans limpas salvan vidas"resultando ser a vencedora.

jueves, 28 de abril de 2011






CONVIVENCIA ENTRE CPIs

Xa hai anos que vimos mantendo esta relación. Empezou co Deporte Escolar e máis tarde foise ampliando ao Equipo de Normalización Lingüística (agora chamado de Dinamización coma se xa estivera normalizado o uso do galego). Este ano, ademáis de compartir actividades cando veñen conferenciantes ou compañías de teatro... programamos unhas sesións de contacontos ou conta chistes que resultaron moi divertidas e interesantes. Aquí démonos de conta que o alumnado de Cea ten o uso do galego moito máis normalizado que o noso e que este tipo de actividades non somente serve para pasar un rato agradable senón tamén para a relación e a convivencia entre eles, pois notamos que no deporte hai moita rivalidade.






En definitiva, unha experiencia positiva que repetiremos en vindeiros anos.




TIVEMOS VISITA

O día 27 de abril tivemos a visita de Anxo Fariña, un autor ilustrador que nos falou do seu traballo. Nos xa leramos o libro dos Megatoxos e foi divertido ver como debuxaba aos seus protagonistas. Xuntámonos os alumnos de 5º e 6º nunha clase de 5º e na pizarra branca ía debuxando os personaxes. Tamén nos debuxou a unha compañeira coma se fose un megatoxo máis.

jueves, 24 de marzo de 2011

ÁNIMO COMPAÑEIROS, XA ESTAMOS NA TERCEIRA AVALIACIÓN E XA SE VE A LUZ DO VERÁN.

E XA SABEDES A REVISTA “FURAFOLLAS” ESTA AGARDANDO POLOS VOSOS TRABALLOS: historias, contos, refráns e ditos, pasatempos, debuxos, comics…e todo aquello que se vos ocurra e poida caber nunha revista.


AGARDAMOS IMPACIENTES A VOSA CREATIVIDADE E A VOSA CIENCIA



Remata o prazo o 30 de Abril.

jueves, 17 de marzo de 2011

PREMIOS concurso “palabras para namorar” SECUNDARIA: Tamara González Smith (3º ESO) PRIMARIA- Narrativa: Celia Guzmán (6º Curso) Orixinalidade: 5º Curso (colectivo) Premio de investigación: 3º Curso (Colectivo) Premio ao esforzo: Rubén Carballo (2ºESO B)

lunes, 28 de febrero de 2011

POLO SIMPLE FEITO DE SERES TI
Sabes que neses entres eras ti a única persoa que podía facerme rir, polo simple feito de seres ti. Pero sabes que é o que máis boto de menos?. Sábelo? O teu sorriso, as túas palabras, a túa mirada. Cando me botabas a lingua entre os dentes . Cando mirando aos ollos me dicías:” Somos únicos”. Cando me facías cóxegas. Cando estabamos coma o can e o gato. Cando me chiscabas o ollo. Cando me facías rir ata chorar. Cando me dabas aqueles abrazos que semellaban eternos. Cando me dicías aqueles “ quérote”....
Sempre .

DEBORAH ( 3º ESO A)

jueves, 24 de febrero de 2011

PÍDOLLE...
Pídolle ao sol que saia á luz todos os días. Pídolle ás flores que abran un día antes. Pídolle á choiva que se presente abraiante tras longos días de sequía. Pídolle aos paxaros que me indiquen o camiño da liberdade. Pídolle aos prados que sexan interminables. Pídolle á música novas melodías. Pídolle ao ceo infinito que vista de azul. Pídolle á lúa a súa petrante mirada. Pídolle ás árbores que me protexan coa súa verde ramaxe. Pídolles ás nubes que saiban tan doces coma o mel. Pídolle á xente a súa imperfección máis perfecta. Pídolle ao mar que me relaxe co seu peculiar son. Pídolle ao vento que sopre suavemente sobre a miña pel fráxil. Pídolles aos sorrisos que deixen a súa timidez fuxir.
Pídoche, meu corazón, amala máis cada día.
TAMARA GONZÁLEZ SMITH (3º ESO A)

miércoles, 23 de febrero de 2011

BICOS XEADOS

A brisa nocturna abriu a fiestra. Unha sombra ocultou a lúa. Sentín frío baixo as mantas. Volvínme na cama. Os seus brazos arrodeáronme. Apretoume contra o seu peito e bicoume. A pesar da frialdade do seu tacto, as súas caricias queimábanme a pel. O meu corpo arqueouse involuntariamente do pracer que me producía o seu contacto. Cubriume de bicos xeados mentres as súas mans percorrían cada centímetro da miña pel.
(...)
Chegou o amencer. Os primeiros raios de sol golpeáronme o rostro. Abrín os ollos somnolenta cos recordos da noite anterior amontoándose na miña cabeza. Baixei almorzar. Pasei distraidamente os dedos polo pasamáns acariñando a superficie lisa da varanda mentres baixaba as escaleiras. Cheguei á cociña e decidínme por algo doce: torradas con mermelada. Mirei o calendario que colgaba da parede: era catorce de febreiro, o día en que se adoraba ao deus pagán Eros e os homes e mulleres agasallaban ás súas parellas con rosas e bombóns. A música de Aquelarre soaba na habitación:
“ Muéstrame tu cuello y deja que mis colmillos rompan la piel...”


LUCÍA SURRIBAS ( 4º ESO A)

domingo, 13 de febrero de 2011

miércoles, 19 de enero de 2011






TAMÉN TEMOS IDEAS PARA celebrar o DÍA DA PAZ...


-Greguerías
- Cancións en varios idiomas
- Que pasaría se................ todos os fusís disparasen papoulas...oh

- Debuxos , caligramas
- Xeroglíficos
- Frases célebres...









Por exemplo esta canción que imos cantar e bailar o alumnado de 6º de Primaria nun concerto o

vindeiro 14 de Marzo:





I'm riding on a camel Montando nun camelo

Sleeping on a dune. Durmindo nunha duna

I'm walking in the jungle Andando pola xungla

In the afternoon Nunha tarde dura.




And everywhere people stare E por todas partes xente mirando

Why at me? ¿Por que a min?

Who is strange. Me or them? ¿Quen é o estraño, eu ou eles?

Then we smile and now we'are friends. Despois sorrimos e somos amigos




Hassan in Morocco Hassan en Marrocos

Nicole in Congo Nicole no Congo

I meet a lot of kids Atopo moitos rapaces

Africa Africa

We look for a leopard Buscamos un leopardo

We dance in the dessert Bailamos no deserto

We climb a pyramid Trepamos a unha pirámide

Africa Africa

I'm from Chicago Son de Chicago

And you're from Spain E ti es español

She's from Moroco Ela é de Marrocos

And we're all the same E todos somos iguais

You don't like somebody Non che cae ben alguén

Because of where they're from Polo lugar de onde é

You like someone because they're nice Gústache porque é agradable

And because they're fun. E porque é divertido.
CONCURSO

PALABRAS PARA NAMORAR

2011

-Xa podes pór a proba a túa creatividade:

- Poemas
- Cartas
- Mensaxes ( tamén sms)
- Greguerías
- Narracións
- Caligramas
- Diálogos
- Cancións

Todo vale para expresar como te sentes cando Cupido chama a túa porta

A entrega de traballos remata o 28 de Febreiro