lunes, 28 de febrero de 2011

POLO SIMPLE FEITO DE SERES TI
Sabes que neses entres eras ti a única persoa que podía facerme rir, polo simple feito de seres ti. Pero sabes que é o que máis boto de menos?. Sábelo? O teu sorriso, as túas palabras, a túa mirada. Cando me botabas a lingua entre os dentes . Cando mirando aos ollos me dicías:” Somos únicos”. Cando me facías cóxegas. Cando estabamos coma o can e o gato. Cando me chiscabas o ollo. Cando me facías rir ata chorar. Cando me dabas aqueles abrazos que semellaban eternos. Cando me dicías aqueles “ quérote”....
Sempre .

DEBORAH ( 3º ESO A)

jueves, 24 de febrero de 2011

PÍDOLLE...
Pídolle ao sol que saia á luz todos os días. Pídolle ás flores que abran un día antes. Pídolle á choiva que se presente abraiante tras longos días de sequía. Pídolle aos paxaros que me indiquen o camiño da liberdade. Pídolle aos prados que sexan interminables. Pídolle á música novas melodías. Pídolle ao ceo infinito que vista de azul. Pídolle á lúa a súa petrante mirada. Pídolle ás árbores que me protexan coa súa verde ramaxe. Pídolles ás nubes que saiban tan doces coma o mel. Pídolle á xente a súa imperfección máis perfecta. Pídolle ao mar que me relaxe co seu peculiar son. Pídolle ao vento que sopre suavemente sobre a miña pel fráxil. Pídolles aos sorrisos que deixen a súa timidez fuxir.
Pídoche, meu corazón, amala máis cada día.
TAMARA GONZÁLEZ SMITH (3º ESO A)

miércoles, 23 de febrero de 2011

BICOS XEADOS

A brisa nocturna abriu a fiestra. Unha sombra ocultou a lúa. Sentín frío baixo as mantas. Volvínme na cama. Os seus brazos arrodeáronme. Apretoume contra o seu peito e bicoume. A pesar da frialdade do seu tacto, as súas caricias queimábanme a pel. O meu corpo arqueouse involuntariamente do pracer que me producía o seu contacto. Cubriume de bicos xeados mentres as súas mans percorrían cada centímetro da miña pel.
(...)
Chegou o amencer. Os primeiros raios de sol golpeáronme o rostro. Abrín os ollos somnolenta cos recordos da noite anterior amontoándose na miña cabeza. Baixei almorzar. Pasei distraidamente os dedos polo pasamáns acariñando a superficie lisa da varanda mentres baixaba as escaleiras. Cheguei á cociña e decidínme por algo doce: torradas con mermelada. Mirei o calendario que colgaba da parede: era catorce de febreiro, o día en que se adoraba ao deus pagán Eros e os homes e mulleres agasallaban ás súas parellas con rosas e bombóns. A música de Aquelarre soaba na habitación:
“ Muéstrame tu cuello y deja que mis colmillos rompan la piel...”


LUCÍA SURRIBAS ( 4º ESO A)

domingo, 13 de febrero de 2011