jueves, 28 de junio de 2012

E CHEGOU O FINAL DE CURSO

PROGRAMA DO NOSO TEATRO



AS NOSAS Letras 2012

Come e fala! Deste xeito nomeamos a actividade teatral correspondente a esta fin de curso. Chamámola así porque está relacionada coa gastronomía e coa lingua. Porque comer e falar, todo é empezar.

RESTAURANTE FARRUCO
Baseada na obra de Chus Pereiro co mesmo título.

SINOPSE;
Un xantar no “Restaurante Farruco” onde os comensais son atendidos polo camareiro, a cociñeira e o seu axudante. Todo en clave de humor e xogando coa rima.

INTÉRPRETES:
Andrea López (Anunciante)
Ana Santeiro (Muller)
Yovanna de la Torre (O home)
Brais Fernández (O rei)
Andrea Rodríguez (Camareiro Farruco)
Uxía González (Cociñeira siña Manuela)
Nerea Pereira( Axudante de cociña)
Paula Blanco (A galiña)
Carolina Nogueira (O choco)
Enma Álvarez (O porco)

MARÍA JESÚS PEREIRO SANTOS (1957) é mestra de Educación Primaria nun centro público de Vigo onde dirixe talleres de teatro infantil para o que escribe as súas propias obras. Autora dramática, as súas obras caracterízanse polo humor e a intención lúdica e participativa dos rapaces.

                             A BIFIDADA ( II )

Baseada na obra de MANUEL NÚÑEZ SINGALA, Comedia bífida

SINOPSE:
O idioma propio é a expresión máis xenuina dun pobo. Pero a nosa é uhna lingua bífida, coma a das serpes porque decote mudámola por outra que nos acae mellor, segundo a ocasión. E entón estamos perdidos porque perdemos a identidade . Iso é o que lles acontece a Lina e Lana dúas irmás galegas que andan pola vida cunha lingua prestada. E o peor de todo …e que non se dan de conta.

INTÉRPRETES:
Aiisa Sow Nogueira ( Presentadora)
Lía pereira Lappin(Lana)
Lucía Puga Ledo (Lina)
Francisco Blanco Fernández( Xuíz)
Déborah Fernández Rodríguez( Avogada defensora)
José Daniel Fernández Sotelo (Fiscal)
David Rodríguez Rodríguez (Oficial)

MANUEL NÚÑEZ SINGALA:
ATerra Chá é a súa primeira patria. Máis tarde, múdase a Compostela onde estuda e traballa.
 Estudou Filoloxía Galega desde o ano 1988, é director do Servizo de Normalización Lingüística, en Compostela. Obras destacadas: O achado do Castro, Mar de fondo, Menú de enganos... .

                      OS COMEDORES DE PATACAS

Baseada na obra homónima de MANUEL RIVAS

SINOPSE:
Os galegos non fixeron ningunha guerra desde que comen patacas. Participaron nalgunha pero sempre á forza. Se cadra comer patacas ten moito que ver coa súa actitude pacífica, porque el ha de comer patacas con carne, non carne con patacas. Neste caso a orde de factores altera o produto.

INTÉRPRETES:
Martín Martínez Rodríguez (Presentador)
Noemí Iglesias Caamaño (Presentadora)
Alex Vázquez Dacal (Comensal 1)
Raúl Iglesias Náñez (Comensal 2)
Fátima Iglesias Pérez( Camareira)
Mª José Perez Sas ( Flora)

MANUEL RIVAS é escritor e xornalista.Tamén é membro da Real Academia Galega. É un dos escritores máis importantes da literatura galega actual e con maior proxección internacional , pois as súas obras foron traducidas a moitos idiomas. Algunhas delas, foron adaptadas ao cine , como O lapis do carpinteiro ou A lingua das bolboretas.

martes, 12 de junio de 2012

  OUTRA IDEA PARA A CONMEMORACIÓN DOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS


                                     Os cincuenta autores homenaxeados nun panel visual

viernes, 8 de junio de 2012

O día 7 de xuño véunos visitar TINO BAZ.

Este cantautor de A Guarda que amosou dende cativo paixón pola música e o canto, deleitounos coa súa voz e o dominio de varios instrumentos musicais (zanfoña, gaita e guitarra).

Anteriormente foi membro do grupo “A Roda”, estivo en estreita relación con outros como “Fuxan os Ventos”, “A Quenlla”...

Actualmente é mestre de gaita e pandeireta na zona do Baixo Miño e imparte charlas e concertos en centros de ensino.

No noso colexio fixo tres sesións. Unha para Infantil e 1º ciclo de Primaria, outra para 2º e 3º ciclos de Primaria e unha terceira para Secundaria. Os poemas musicados foron da nosa Rosalía de Castro e de Manuel María, pero nós tamén contribuímos enviándolle primeiro un “Cantar de Cego” coa vida de Valentín Paz Andrade para que el nolo cantara.

Todos quedamos encantados coa súa visita, e el tamén nos felicitou pola nosa adicación.

Aquí van algunhas fotos do momento:

jueves, 7 de junio de 2012

COLABORAMOS COA BIBLIOTECA
O EDLG confecionou  marcapáxinas para a conmemoración  do ano de Celso Emilio Ferreiro        (100 anos do seu nacemento).

Tamén Álvaro Cunqueiro mereceu o noso intrese (homenáxeado o ano anterior) con alusións ás súas obras.


Ver o enlace co seguinte vídeo:

Letras galegas 2012 on PhotoPeach