miércoles, 18 de diciembre de 2013

MES DE DECEMBRO, MES DE NADAL

CÁLIDO DECEMBRO

Decembro é mes de matanzas e nadal, de comer quentiño. De tomar café   e facer filigranas coa súa escuma mentres desfrutas da mellor conversación.
Decembro   ha de ser quente se  o coces   ben   e   a  lume lento.

É tempo  de comezo e  remate: un folio en branco  sobre fondo gris para rescribir o guión da vida.
Decembro é cándido  se dás un paseo polas nubes  e   sentas nelas a escoitar o mellor conto do mundo.
É cándido se en cada val  reparas nas casas cal cachimbas  botando  fume branco  co  que   se fan os mellores  doces de merengue e nata. Tan branco coma os abrazos.

Este decembro  ha ser branco e doce, de iogur e  marmelo, porque  o has  de mirar   con lentes  de cerca  e  lúa chea.


martes, 19 de noviembre de 2013

SEGUIMOS A RECIBIR CREACIÓNS


O noso recuncho de Outono segue medrando

 
 
 

 

 
 

lunes, 28 de octubre de 2013

Primeiros traballos presentados


 Infantil
RECEITA DE OUTONO "CHULAS DE CABAZO"
Ingredientes:
1 cabazo de 700 gr
300 gr de fariña 
100 ml de leite
3 ovos
125 gr de azucre
1/4 vaso de anís
raiadura de limón
sal / aceite
Pélase o cabazo, córtase en pedazos medianos e cócese en abondosa auga. Escóase e faise puré.
Sepáranse uns 500 gr de puré e engádeselle a fariña, o leite , os ovos, o azucre, o anís e un puntiño de sal, aromatizando coa raiadura de limón.                                                                                            
Mistúranse todos os ingredientes ata que quede una misturanza un pouco compacta.                       
Cóllense pequeñas cantidades de masa e frítense en aceite abundante. Escóanse se bótase azucre e canela.                                                                                     
  BO PROVEITO!
 
 

domingo, 6 de octubre de 2013


CONVOCATORIA “CONCURSO OUTONANDO” 

Xa estamos aquí de novo… dando a tabarra, moita tabarra! Porque o que queremos é mover e remover os espíritos creativos. O outono é unha estación moi xenerosa en cores e alimentos, isto seguro vos dá unha idea para inventar, investigar, probar…(debuxos, manualidades, receitas, contos de medo ou outros, lendas, fotos, poemas…) 

ÁNIMO! TODO O OUTONO É VOSO!

 

sábado, 21 de septiembre de 2013

BENVIDOS

Benvidos un curso máis a esta nosa casa!
Aínda que a crise non rematou e cada ano somos máis pobres (as axudas a este equipo non son para botar foguetes) aquí estamos de novo para dar moito que falar, en galego, por suposto! ese é o noso obxectivo.
Nos primeiros días de setembro rematamos o mural iniciado no 3º trimestre do curso pasado no comedor do noso colexio. Este é o resultado:

UNHA PASADA!  


miércoles, 26 de junio de 2013

DÍA DE ESTREA

E chegou o día. Despois dos nervios anteriores á estrea todos puxemos o máximo interese en que  saira ben. E así foi. Os parabéns chegaron de todas partes e a nós confórtanos saber que o noso esforzo pagou a pena. Bravo, compañeiros! Aquí quedan algunhas imaxes do día. Ah! e tamén o agasallo para os colaboradores e gañadores do último concurso.








jueves, 20 de junio de 2013

PROGRAMA TEATRAL

E esta é a nosa programación final para o fin de curso, tres obras teatrais unha de Chus Pereiro e as outras dúas de colleita propia que coma sempre tentan que a lingua galega sexa vehículo de transmisión de ledicia e aprendizaxe. A obra "Emigrei, emigrarei" está baseada na obra "Cochos" de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano.

viernes, 14 de junio de 2013

VEUNOS VISITAR MAR GARCÍA

E diredes vós … E ela …quen vén sendo?

Pois é unha artista lalinense coñecida pola súa obra gráfica e escultórica.

E …que máis?
-Foi unha artista precoz, pois dende nena debuxar foi a súa paixón.

-Estudou a carreira de Belas Artes en Salamanca e foi bolseira de varios organismos.

-Os primeiros premios acadounos como escultora nos anos 1987 e 1988

-O ano máis completo da súa actividade foi 1997 no que participou en numerosas exposicións en diferentes cidades e vilas galegas (Ourense, Silleda, Santiago…)

- A súa técnica inclúe unha mistura de materiais, o que manifesta o desexo da autora de afastarse da pintura tradicional e deixar fluír a súa imaxinación.
                                                                      Con ela decoramos unha parede do noso comedor.
Non nos deu tempo de rematar, pero comprometeuse a voltar outro día. Así quedaranos unha obra dela para sempre.

jueves, 30 de mayo de 2013

Esta semana e a anterior coñecimos a Roberto Vidal Bolaño, debuxámolo, límolo, afondamos na súa obra e nos seus pensamentos, escoitamos a súa voz...


lunes, 27 de mayo de 2013

EXPOSICIÓN DE CÓMICS BASEADOS EN TEXTOS GALEGOS


O alumnado de ESO confeccionou unha serie de cómics baseados en textos de autores galegos:

- “A rapaza do circo”, de CARLOS CASARES


- “ O ladrón de palabras” de SECHU SENDE.

- “ O home que agardadba que lle dixesen o que facer”, de SECHU SENDE.

- “Un millón de vacas”, de MANUEL RIVAS

- “ O Gatipedro”, de ÁLVARO CUNQUEIRO.


Colaboraron conxuntamente nesta actividade gráfico- literaria o EDLG e o Departamento de Plástica.


jueves, 16 de mayo de 2013

Visitounos Fran, un contacontos- mago que nos divertiu moito cos seus trucos. A historia de Brancaflor foi o conto elexido, pero meteunos tanto na historia coa maxia que nos esquecimos de ir comer. Engaiolante.
Esta actividade que compartimos co colexio de Cea (eles pola tarde) estivo programada so para Infantil e Primaria.

 

viernes, 10 de mayo de 2013

Hoxe celebramos o Día de Europa no noso cole. O EDLG colaborou cunha dramatización en galego: "Un día calquera en Europa" , representada por alumnado de 2º de ESO. O tema elexido foi o tempo e o gran número de palabras que temos os galegos para nomear a choiva. Temos a sorte de contar este curso cunha profesora finesa que nos pudo axudar co gran número de palabras que poseen eles para nomear a neve.







Tamén participamos días atrás no programa "Xogade" de orientación escolar. O noso campión de anos anteriores volveunos alegrar o día.

jueves, 2 de mayo de 2013

PROGRAMA

                      PROGRAMACIÓN DE ACTOS LETRAS GALEGAS 2013
                                               
                                                  MES DE MAIO
9 de maio "Día de Europa"
DRAMATIZACIÓN    "Un día calquera en Europa" por alumnado do centro.

14 de maio
CONTACONTOS : "A historia de Brancaflor" por Os 7 magníficos e un máis.

3ª e 4ª semana de maio
ACTIVIDADES VARIAS encol da figura de ROBERTO VIDAL BOLAÑO
(Exposicións de comics, caricaturas, cita bibliográfica, marcapáxinas...)

                                                 MES DE XUÑO
1ª semana de xuño
VISITA de  MAR GARCÍA (artista lalinense con importante produción en pintura e escultura)

2ª semana de xuño
Edición da Revista "FURAFOLLAS"

3ª semana de xuño
DRAMATIZACIÓNS : "Emigrei-emigro" en homenaxe a Vidal Bolaño
                                      "O Clube dos Caviladores" (situación actual da lingua e outros valores)
                                      "Mamasiña que medo" de Chus Pereiro

miércoles, 10 de abril de 2013

Parece que o inverno non nos quere deixar, pero o calendario avanza e o mes de abril xa está aquí.
A revista "Furafollas" comeza a andar e xa está esperando as túas aportacións. Se tes algunha idea podes presentala en papel ou en formato dixital.
Ademáis de ver publicado o teu traballo, pasarás a formar parte do Clube dos Faildiños máis creativos deste colexio.
                              ÁNIMO FAILDIÑOS!!!

martes, 2 de abril de 2013

No mes de marzo en colaboración coa biblioteca elaboramos un panel con escritoras galegas comprometidas.
 A desigualdade social das mulleres é un asunto de todos. Onde están as mulleres que sofren desigualdade? Pois en calquera sitio: nas salas de espera dos médicos, no noso barrio, nos centros comerciais, na rúa...
Esta é a voz dalgunhas escritoras galegas comprometidas que rachan o silencio en favor desa revolución.

miércoles, 20 de marzo de 2013


E máis traballos de namorados da vida.
 





miércoles, 6 de marzo de 2013

PRESENTÁMONOS AO CONCURSO
Estes son algunhas das creacións presentadas:


Rocío 2º ESO