viernes, 18 de enero de 2013

Un ano máis chegamos das vacacións do Nadal e percatámonos de que o Entroido xa está aí, ... a menos dun mes!


E outra coincidencia é que están xuntos no calendario o Entroido e o San Valentín.

Pois aínda que estamos ateridos polo frío do inverno xa hai que ir pensando na primavera,... que o sangue altera! E convocar xa o concurso “NAMÓRAME EN GALEGO” aínda que sexa disfrazado ou por medio dun meigallo.


CONVOCATORIA DO CONCURSO

“NAMÓRAME EN GALEGO”
Xa sabedes: contos , poemas, cartas, mensaxes, redacións, caligramas, lendas, comics, debuxos, fotos, murais....e todo tipo de posibilidades que leven a lingua galega no seu contido. Ah! A lingua, ... a forza do amor!

Tendes ata o mes de marzo, día 15.

ÁNIMO, POÑEDE O CALETRE A FUNCIONAR. Hai premios!