miércoles, 26 de junio de 2013

DÍA DE ESTREA

E chegou o día. Despois dos nervios anteriores á estrea todos puxemos o máximo interese en que  saira ben. E así foi. Os parabéns chegaron de todas partes e a nós confórtanos saber que o noso esforzo pagou a pena. Bravo, compañeiros! Aquí quedan algunhas imaxes do día. Ah! e tamén o agasallo para os colaboradores e gañadores do último concurso.








jueves, 20 de junio de 2013

PROGRAMA TEATRAL

E esta é a nosa programación final para o fin de curso, tres obras teatrais unha de Chus Pereiro e as outras dúas de colleita propia que coma sempre tentan que a lingua galega sexa vehículo de transmisión de ledicia e aprendizaxe. A obra "Emigrei, emigrarei" está baseada na obra "Cochos" de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano.

viernes, 14 de junio de 2013

VEUNOS VISITAR MAR GARCÍA

E diredes vós … E ela …quen vén sendo?

Pois é unha artista lalinense coñecida pola súa obra gráfica e escultórica.

E …que máis?
-Foi unha artista precoz, pois dende nena debuxar foi a súa paixón.

-Estudou a carreira de Belas Artes en Salamanca e foi bolseira de varios organismos.

-Os primeiros premios acadounos como escultora nos anos 1987 e 1988

-O ano máis completo da súa actividade foi 1997 no que participou en numerosas exposicións en diferentes cidades e vilas galegas (Ourense, Silleda, Santiago…)

- A súa técnica inclúe unha mistura de materiais, o que manifesta o desexo da autora de afastarse da pintura tradicional e deixar fluír a súa imaxinación.
                                                                      Con ela decoramos unha parede do noso comedor.
Non nos deu tempo de rematar, pero comprometeuse a voltar outro día. Así quedaranos unha obra dela para sempre.