miércoles, 29 de abril de 2015

CONVOCATORIA

                                          REVISTA FURAFOLLAS


Convocamos a presentación de  todo tipo de traballos para incluir na revista deste curso:
portadas, comics, debuxos, contos, adiviñas, refráns, poemas, pasatempos... e un sinfín de posibilidades.
Poñer a mente a funcionar porque xa queda pouco. O último día para recollelos será o 20 de maio.
                                         ÁNIMO FAILDIÑOS!





Ánimo faildiños!
o tempo é pouco
e o que o perde
caseque un louco.

jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Celebramos o "Día do Libro" con actividades dentro e fora da biblioteca.
Dentro proxectamos contos na hora do recreo narrados por alumnado de 5º de Primaria.
Fora representaron estes mesmos alumnos un conto de animais para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria.
Na entrada do colexio armamos un tendedeiro con roupa na estaban escritas frases famosas sobre os libros e a lectura.

jueves, 16 de abril de 2015

GAÑADORES DO CONCURSO

GAÑADORES DO CONCURSO "NAMÓRAME EN GALEGO"

ESO: Andrea López Villa
PRIMARIA: Lucía Diz e Abel Padrón
INFANTIL: Daniel Imray e Brais López
Todos os participantes obteñen de premio un libriño coa primeira historia de Faildiño.