miércoles, 28 de octubre de 2015

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

                  AS NOSAS FOTOS DE OUTONO
Este outono queremos propoñer algo diferente:
A partires de poemas de Manuel María "Chegou o tempo de outono" ou  "O ourizo" buscar imaxes en entornos habituais para o alumnado no que se reflexe o sentir do autor ao escribir estes poemas. Comezariamos así a analisar a figura deste autor tan cercano aos rapaces e rapazas galegos e seguiriamos todo o cursotraballando a súa obra.

jueves, 22 de octubre de 2015

COLABORAMOS COA BIBLIOTECA

                                      COLABORAMOS COA BIBLIOTECA
Colaboramos para celebrar conxuntamente o Día Internacional das Bibliotecas: algúns contos foron en galego, os marcapáxinas cos eloxios tamén e as frases célebres que estaban noutro idioma distinto do castelán foron traducidas ao galego. Os carteis(en galego) facían referencia a frases tradicionais dos contos.

                             

lunes, 19 de octubre de 2015

INICIO DE CURSO

         INICIAMOS unha nova andadura con renovadas expectativas e máis ideas. Este curso colaboraremos activamente coa biblioteca do centro para realizar actividades conxuntamente.
         A primeira colaboración será un contacontos de alumnado de 5º e 6º de Primaria para os máis pequenos, conmemorando o Día das Bibliotecas (22 de outubro).
         Convocamos un concurso fotográfico de imaxes outonais a partires da lectura do poema "Chegou o tempo de outono" de Manuel María (autor homenaxeado nas Letras Galegas).
                          ÁNIMO e a participar.