jueves, 28 de abril de 2016

PROXECTO- ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Os alumnos/as de 5º de E.P. fixeron un proxecto sobre os animais en perigo de extinción na Península Ibérica.
Fixérono sobre os seguintes animais: valencia hispánica, foca monxe, sapo de Mallorca, lince ibérico, águia imperial e oso pardo.
Buscaron información sobre as súas características, alimentación, hábitat, ameazas que sofren, en que zonas se atopan e buscaron tamén información sobre a existencia dalgún programa que traballe para que isto non ocurra.
Coa información fixéron un PowerPoint e expuxeron o seu traballo ao resto de compañeiros.

OSO PARDO

ÁGUIA IMPERIAL

LINCE IBÉRICO

SAPO DE MALLORCA

FOCA MONXE

VALENCIA HISPÁNICA

viernes, 22 de abril de 2016

CONCURSO DE ...

A vindeira semana cando remate a celebración do Día do Libro convocaremos o concurso de portadas  e comics para a revista. A revista Furafollas xa se está cocendo nas nosas mentes.
Esta é  época de primavera e como medran as flores tamén medran os nosos anceios de crear. Poñámonos a maquinar...

miércoles, 6 de abril de 2016

CONTACONTOS


Para celebrar o Día da Literatura Infantil e Xuvenil en galego visitounos Sabela Gago, unha contacontos habitual xa no noso cole que fixo as ledicias dos máis pequenos (Infantil, 1º e 2º de Primaria). Os contos foron "Irene e o gravado" para Infantil e "O camaleón multicolor" para 1º e 2º de Primaria
                                       

sábado, 2 de abril de 2016

SEGUIMOS A COLABORAR COA BIBLIOTECA


Cedimos para ambientar a biblioteca os títeres de A Esmorga e aplicámoslle unha lenda xunto cos nomes dos personaxes. Así quedou:

 

XOGADE

Un ano máis participamos e con éxito no Campionato  de Orientación escolar. Este ano tivo lugar no Carballiño. Acudiu alumnado de 2º e 3º da ESO. E a gañadora provincial foi a alumna do CPI Antonio Faílde  Elena Gómez Mato. Noraboa Campiona!