miércoles, 21 de diciembre de 2016

BO NADAL


O APALPADOR, OS REIS E PAPÁ NOEL


Invitamos ao noso cole a todos eles para agasallalos co noso entusiasmo. Eles pola súa parte tamén nos falaron de si mesmos e poidemos coñecer de primeira man as súas inquedanzas.

martes, 20 de diciembre de 2016

CHARLA COLOQUIO SOBRE A ORIXE DO SAMAÍN

O noso compañeiro e profesor no centro José Manuel Barbosa propón esta actividade para o profesorado voluntario e con gañas de información  que logo transmitirá ao seu alumnado. Unha pasada...! Que interesante!...

CONCURSO DE TARXETAS POSTAIS do NADAL

Este ano decidíuse no cole facer este concurso para motivar ao alumnado na súa creatividade. Esta creatividade tamén ten continuidade na biblioteca por ser Territorio das Artes este curso.
Algunhas delas:




jueves, 15 de diciembre de 2016

CARTAS PARA O APALPADOR

No buzón de correos situado na biblioteca están entrando moitas cartas para este personaxe recuperado da nosa tradición. O profesorado está promovendo de forma eficiente esta recuperación.


viernes, 2 de diciembre de 2016

CENTENARIO DAS IRMANDADES DA FALA

Para celebrar esta data tan importante para a nosa lingua e, como forma parte do currículo de Secundaria, o alumnado de 4º de ESO confecionou uns murais explicativos deste movimnto histórico para que o resto do alumnado do colexio poida saber algo sobre el. O equipo de Biblioteca, pola súa banda, amosou tamén as obras dos autores pertencentes a este movemento literario.

CARTAS AO APALPADOR

No buzón instalado na biblioteca do centro poderá deixar as súas peticións todo o alumnado interesado. Esta é a carta que a mascota Faildiño enviou a todas as clases de Infantil e Primaria: