miércoles, 20 de diciembre de 2017

NADAL

Para esta ocasión preparamos tarxetas con debuxos de Nadal e desexos para o vindeiro ano. As seleccionadas foron parar a unha felicitación xeral a toda a comunidade educativa por parte do centro. Despois as mellores e máis vistosas serviron de decoración para a árbore dos desexos.
Un Papá Noel galego visitou aos máis pequenos. Algúns alumnos de 6º cantáronlle e tocáronlle unha panxoliña na nosa lingua.




viernes, 24 de noviembre de 2017

ENTREGA DE PREMIOS DO ONCURSO

A entrega de premios do concurso "CONTOS DE MEDO" tivo lugar no comedor escolar cando podemos estar todos xunto@s, aínda que con horario distinto en Primaria e Secundaria. A directora e a coordinadora do EDLG foron as encargadas desta entrega.
Os premios consistiron en:
-Un libro de medo
-Unha camiseta co logo do Faildiño
-Un pen drive
Os traballos premiados están expostos na entrada da Biblioteca xunto coa súa fotografía.

viernes, 10 de noviembre de 2017

MAGOSTOS

Como estes cursos pasados a nosa celebración do Magosto, quitando o de comer castañas asadas e bolos preñados, sempre é con xogos tradicionais adaptados á castaña. Este foi o noso programa:

 

PREMIADOS NO CONCURSO

PREMIOS DO CONCURSO

CONTOS DE MEDO PARA SAMAÍN 2017”

Categoría 5º e 6º de Primaria:
Misterio na noite” de Noa Souto Álvarez 5º B
Lego, o barco pantasma” de Juan Manuel González Carballo 6º A
Categoría 1ª e 2º de ESO:
O lobishome de Salceda” de José Antonio Ledo Álvarez 1º A de ESO
Os Chupasangues” de Sabela Rodríguez Rodríguez 1º B de ESO
Categoría 3º e 4º de ESO: Deserta.












martes, 31 de octubre de 2017

SAMAÍN

Celebramos esta data cada vez máis famosa, grazas ao Halloween americano, con ese concurso de contos entre os maiores ESO e 5º, 6º de primaria. Con todos os contos presentados confecionaremos un libro que quedará na biblioteca do colexio para a súa posterior lectura. O alumnado puxo a súa imaxinación a funcionar e parece que deu resultado. Unha mostra:


 

 Algúns deles xa se leron na biblioteca.

jueves, 5 de octubre de 2017

PELERINAXES

Hoxe gozamos dunha xornada especial, o Equipo de Dinamización Lingüística de Ourense convidounos a unha sesión de cine na que descubrimos outra forma de ver o noso entorno. Pelerinaxes é unha película que nos axuda a entender a obra aínda viva de tres autores ourensáns: Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-cho-Shey. O seu director estivo connosco explicando os pormenores da rodaxe e moitas outras anécdotas que atoparon por este camiño entre Ourense e San Andrés de Teixido.
Para isto tivemos que ir ao IES de Vilamarín onde compartimos auditorio con compañeiros de Cea e o propio Vilamarín. Despois convidáronnos tamén a un cóctel preparado polo alumnado desa escola.

O grupo de 4º de ESO foi o elexido para esta actividade previo
estudo da Xeración Nós.

 
                                                                                                             

viernes, 15 de septiembre de 2017

NOVO CURSO

Comezamos este novo curso con ilusión forzas renovadas; o descanso estival tan necesario para tod@s fará que afrontemos esta nova etapa con optimismo. A nosa compañeira Marifé, que tanto  dinamizou  neste equipo durante18 anos, trasladouse a outro centro máis pertiño da súa familia.  Deixa unha profunda pegada neste centro que tentará seguir adiante coas súas actividades de dinamización.
Unha aperta e moita sorte de todo o equipo!!!

lunes, 26 de junio de 2017

FESTIVAL FIN DE CURSO

Nos dous festivais que tiveron lugar este fin de curso (Primaria e Secundaria) houbo obras de teatro encamiñadas á defensa da nosa lingua: "Coida a túa lingua" interpretada por alumnado de 2º de Primaria , "A bifidada" e "Rebaixa" interpretada polo alumnado da ESO.
Todo un éxito!

 O EDLG participou na elaboración das dúas de Secundaria adaptando obras de Núñez Singala ás nosas inquedanzas. Parabéns para tod@s e para tod@s !

miércoles, 14 de junio de 2017

XORNAL CON PREMIO

No concurso de xornais escolares convocado por La Región o alumnado de 2º A de Primaria conseguíu o premio na súa categoría. Parabéns para os nenos e nenas e tamén para a súa profesora. Ademáis de redactar en galego e de saber como é un xornal irán de festa, porque ese é o premio para os gañadores ... e a súa publicación en dito xornal.

lunes, 5 de junio de 2017

VISITA DE ESTRAVIZ

Isaac Alonso Estraviz, profesor universitario cun currículo impresionante e un sinfín de publicacións, veu facernos unha visita moi agradable.
Escoitámolo alumnado e profesorado de Primaria e algún de Secundaria. Falounos da súa infancia (cando non se podía falar en galego e el era o único idioma que sabía), da importancia do da nosa fala, do éxito do seu dicionario (con miles e miles de entradas) e relatounos contos e adiviñas.
 Unha visita moi edificante!

jueves, 1 de junio de 2017

REVISTA FURAFOLLAS

Por fin xa temos a revista "Furafollas" no cole, así poderás disfrutar de páxinas de diversión e tamén de traballos realizados por todo o alumnado. Proximamente tamén a poderas ler na páxina web do colexio. Parabéns a todo o mundo, quedou moi bonita!

OUTRA VISITA: MANUEL NÚÑEZ SINGALA

A segunda visita de escritores galegos foi hoxe. Núñez Singala é un escritor en lingua galega moi importante para este equipo, xa que as súas obras nos inspiran nas nosas creacións dramáticas: unha maneira de achegar á comunidade escolar o gusto pola nosa lingua.
  Falounos da importancia de medrar con duas linguas e dos prexuízos sobre o noso idioma: son os de fóra quen nos gaba e nós... sempre rebaixándonos!

 Pero sobre todo falounos da súa novela “Camiños na auga”, unha historia de supervivencia e de loita contra a intolerancia. Ser diferente é ás veces moi difícil.
O noso alumnado agasallouno cunha microdramatización sobre a importancia do galego, baseada nunha das súas historias. Unha ledicia!
Adicounos os seus libros, pois dispomos de varios na biblioteca.

martes, 30 de mayo de 2017

HOXE VISITOUNOS CARLOS NEGRO

CARLOS NEGRO, o poeta galego que nos veu visitar hoxe é un referente na poesía galega de compromiso. Coas súas obras "Maquinaria" e "Penúltimas tendencias" preparámoslle un recibimento na nosa biblioteca, dramatizando algúns dos seus poemas e poñendo algo da nosa colleita tamén.

lunes, 15 de mayo de 2017

BUSCA DE CONTOS

O equipo de Biblioteca pedíunos a elaboración dunha lista de contos en galego para contar aos maiores dunha residencia de anciáns. Tiñan que ser curtos e ter unha temática adaptada a eles. Estes foron os aconsellados:
"A ra que odiaba a súa lingua" unha adaptación feita hai anos polo EDLG.
"Ramón e o burro do alcalde" de Manuel Pereiro
"O home que non sabía que facer" de Sechu Sende
"Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro
"Un millón de vacas" de Manuel Rivas

XOGADE

XOGADE-CAMPIONATOS ESCOLARES DE ORIENTACIÓN PEDESTRE

"Neste curso o alumnado de 2º da ESO participaba por primeira vez no IX Campionato Provincial Escolar Infantil e Cadete de Orientación a Pé, celebrado en Barbantes-Estación Cenlle, o venres 10 de marzo. Nesta competición, Nuria Vázquez López acadou un magnífico terceiro posto na categoría Infantil Feminina, que a fixo merecedora da presea de bronce. A súa compañeira Enma Fernández Iglesias logrou unha estupenda cuarta posición a escasos segundos da anterior.

Ambalas dúas raazas resultaron clasificadas para o Campionato Galego Escolar desta deporte en pleno auxe; que tería lugar no Campus Universitario de Elviña (A Coruña), o sábado 29 de abril. Unha vez máis, Nuria logrou un moi meritorio posto no seu estreo nesta disciplina a nivel autonómico, conseguindo a quinta ocasión desta vez.

Confiamos en que as dúas repitan éxitos no futuro."

viernes, 5 de mayo de 2017

PREPARATIVOS PARA O DÍA DAS LETRAS

Co mes de maio comezan os preparativos para a celebración das Nosas Letras:
-Adquisición de material para coñecer a Carlos Casares e a súa obra.
-Colocación dos carteis enviados pola Consellería.
-Elaboración de carteis propios.
-Colocación dun panel xigante cunha reflexión do autor sobre a nosa lingua ou cultura.
-Dar a coñecer as actividades didácticas sobre autor e obra.
-Concurso de caricaturas.
-Agasallo dun libro sobre o autor para o alumnado de ESO e 5º e 6º de Primaria  recibido da Deputación de Ourense para tal fin.


miércoles, 26 de abril de 2017

COLABORAMOS COA BIBLIOTECA

Colaboramos coa biblioteca, como vén sendo habitual, na elección dun poema en galego   para colocar no segundo tramo da escaleira da entrada. O poema de Celso Emilio Ferreiro  ten como tema a poesía.

jueves, 20 de abril de 2017

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE PORTADA E COMIC

Convócase o concurso de Portada e Comic para a revista Furafollas, ao mesmo tempo lémbrase o prazo para a presentación de traballos para a mesma. Esta é a convocatoria:

Atención!!!

Ábrese o prazo para a presentación de traballos que verán a luz na revista Furafollas a partires do 17 de Maio.
Ao mesmo tempo convócase o concurso de Portada e Comic para a mesma.
Convidámosvos á creatividade.
           
                                 Ánimo, faildiños!!!

sábado, 25 de marzo de 2017

MURAL DO DÍA DA MULLER

O alumnado de Secundaria investigou sobre algunhas  Mulleres Galegas, en anos sucesivos iranse engadindo outras. Chamámoslle "Elas, as Nosas". Este é o resultado:


martes, 21 de marzo de 2017

MURAL DO NAMÓRAME

Coas mellores obras presentadas ao concurso facemos esta exposición. Os premios serán para:
-Alexia Sánchez Vázquez  de 3ºde ESO  na modalidade de texto literario.
- LucíaBouzas rodríguez de 1º de ESO na modalidade artística.
-Lucía Romero Medina de 4º de Primaria  na modalidade artística e literaria.









miércoles, 15 de marzo de 2017

ROTEIRO DA ESMORGA

Hoxe o alumnado de 4º da ESO disfrutou dunha xornada literaria única. Por un lado a función teatral "Medea"  e por outro o roteiro literario da "Esmorga". Un día moi completo!

viernes, 10 de marzo de 2017

DIGLOSIA

Coas viñetas que o humorista galego Davila, no seu día, fixo para o calendario da universidade amosamos nun mural  a diglosia que sufrimos os galegofalantes. Isto permítenos rir ao mesmo tempo que razoamos e nos preguntamos o motivo desta sinrazón.

miércoles, 8 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER

 Carteis creados para esta ocasión: "A leiteira"  de Luis Seoane cun texto de Rimbaud e un acróstico coa palabra  MULLER.
En Secundaria traballaron sobre MULLERES GALEGAS, buscando información e imaxes para facer un mural posteriormente.

viernes, 24 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Celebramos este día decubrindo aos máis pequenos a figura de Rosalía de Castro e os seus poemas, adaptados á cada idade. Debuxamos e pintamos a esta nosa galega máis universal e recitamos os seus poemas: