viernes, 24 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Celebramos este día decubrindo aos máis pequenos a figura de Rosalía de Castro e os seus poemas, adaptados á cada idade. Debuxamos e pintamos a esta nosa galega máis universal e recitamos os seus poemas:



viernes, 17 de febrero de 2017

MECOS E MANDADOS

Esta semana disfrazamos aos mecos do entroido do máis estrafalario posible. Este foi o resultado:

Ao longo da semana que vén irán cambiando os mandados cada día. Mandaranos traer adornos o día anterior para o seguinte, o do luns xa quedou exposto hoxe. O venres será acumulativo pola mañá, pola tarde todas as clases irán de cadros famosos.
Aproveitamos tamén  para facer unha pequena exposición dos distintos tipos de entroido tradicional na provincia de Ourense.



jueves, 2 de febrero de 2017

CONVOCATORIA DO CONCURSO "NAMÓRAME EN GALEGO"

Hoxe vimos de enterarnos de que o día propio dos namorados é hoxe porque coincide co día da Candeloria. Hai algunhas fontes populares que así o demostran, como por exemplo o refrán:
                                                               "A partir da Candeloria
                                                                ningún ave voa soa"
 A partires de hoxe ningunha ave voa soa. Saen os paxaros a celebrar a súa voda e que lles dea tempo a poder facer algo para ter pitiños pola primavera. Os namorados da Idade Media neste día deixaban unha notiña de amor na soleira da súa namorada, parecida á que lembra Andrés de Pantín:
Hai un niño dun paxaro
no curuto dunha xesta,
se me das un niño nena,
esta noite ha de haber festa.
Dicía un cantar infantil sobre o casamento dos paxariños:
Hoxe é domingo día de repingo,
casa Xanciño cun paxariño
irá de madriña dona Cotofina
irá de padriño don Pedro Contreiras
que corta os cus cunhas “tixeiras”.

CONVOCATORIA do concurso "NAMÓRAME EN GALEGO"
 Cartas, poemas, narracións, debuxos, slogans, diálogos, SMSs, whatsapps, manualidades... e todo o que se che ocorra que teña relación co amor, a amizade, a paz e os anceios de gustar a outros.

         Recollida de traballos ata o venres 3  de marzo. Ádiante, imaxinación ao poder!
 Lembra que tamén os podes deixar no Buzón da Biblioteca!